As Nogais, na provincia galega de Lugo, é un dos municipios que integran a Serra de Ancares, límite de Galicia e León, unha zona de montañas arredondeadas e vales estreitos, que se atopa actualmente en pleno desenvolvemento do seu enorme potencial turístico, unha actividade que vai marca-lo futuro da zona e que se acomete có máximo respeito polos seus valores naturais.
A capital do municipio é accesible de xeito moi doado, atópase na estrada Madrid - A Coruña, e é un bó punto de partida para se adentrar nun mundo que semella estar detido no tempo das lendas que marcan a historia desta comarca.

e-mail